O salgueiro que chantamos
“Oe capitán, meu capitán!”
de anchoas ceibes
no malecón das desesperanzas.
Sen o egoismo de pensar
que seremos eternamente.
Oe capitán, meu capitán!
costou o verso o invertido,
un verao sen ti.
O primeiro.
Oe capitán, meu capitán!
aquí me tes,
ante as nosas lembranzas,
que endexamais fuches máis meu:
nen cando compartiamos
todos os chollos
que a feira nos prescribía.
Escoita capitán, meu capitán!
estás conmigo,
tranquilo.
(Ao Miluchín: estamos no que ti queiras)