April 3

Somos coma nenos,

non sei se para ben

ou para mal.

Na infantilización da vida

deixamos depositados

os medos que nos meten.

E os números coa súa máxica

previsibilidade

embotan o noso coñecemento

desta vida dirixida.

O vocabulario da poesía

reduciuse a un “buenismo” romántico,

sentimental:

Mirar pola fiestra,

ver a rúa baleira,

quizás un coche,

vólvese unha estampa,

un fotagrama da soedade

que, por certo, sempre foi nosa.

Se non berras estás morta,

porque neste encerro, relativamente, cómodo

para uns e letal pra outros

entregámonos a un Estado

que segue a sinalar

quen si

ou quen non,

morre.