A Nudez do Rei
April
12
Non hai máis verdade
que a que se busca,
unha rede de pescador:
que sempre deixará pasar a auga
por moi pequenas que sexan
as mallas do seu tecido.
Na realidade do ser humano,
todo é falso de pura falsidade.
Sobre ela érguese
o orgullo e a sona
dos clans, dos pobos,
das clases.
Non hai máis verdade
que a utopía,
que sen ser real,
desvela,
como forza e esforzo humano,
a podremia inmensa
na que se asenta
toda cultura.