PacoRubinos.com Publicacións
Browsing all posts in: Reflexións

MEMORIA HISTÓRICA

febrero 19

   Gustaríame coñecer o significado desta expresión e tamén os motivos que a puxeron de moda en ámbitos de autoproclamado carácter progresista. Confeso que a busquei en varios diccionarios en non a atopei por ningures. Claro que isto non é problema para min pois sei de certo que a linguaxe é unha estructura viva porque vivos estamos os que a utilizamos para expresar, ou debería dicir intentar expresar, o noso pensamento. O que si me preocupa dun xeito intelectual é coñecer o significado e mesmo as intencións que hai para chamarlle ás cousas polo seu nome.

Polo que podo ver, na contextualización da expresión en determinadas bocas ou plumas, é que a Memoria histórica, como expresión, enténdaseme e perdoade que reclame con redundancia a vosa atención, é un concepto creado para recuperar, e isto e suposto, aqueles feitos que se gardan na memoria de algúns superviventes do noso pasado máis recente, deses feitos ou opinións non recollidos na historia escrita máis ou menos oficial e popular por estar publicada.

A historia, ó meu xeito de ver, é moito máis subxectiva do que parece. E o é por que dende sempre a información se recompilou por individuos dunha forma lineal, cronolóxica, e por conseguinte estructurada. Pero no fondo todos sabemos que os feitos da vida e os acontecementos humanos desta non se producen illadamente como para que sexa posible alcanzar a verdade ordeandoos nunha secuencia temporal que é imposible desligar da propia percepción individual. De aí que todos saibamos que cada un escribe da feira como lle vai nela. A historia, segundo este planeamento, convertese nun mero relato literario que con mellor ou peor fortuna describe percepcións, non cabe dúbida que moitas veces influenciadas por poderes ou certas concepcións culturais, e imposibilita a constitución deste saber en rigorosa ciencia.

Pero non é o caso de que eu sexa un fanático do pensamento científico, nin que menosprece os saberes por non entrar na esfera da ciencia. O que me amola e despista é non chamarlle as cousas polo seu nome, e aínda me anoxa máis o invento intencionado de expresións que por moda se impoñen na nosa tarefa intelectual e que están desprovistas dunha significación polo menos consensuada.

O que eu saco en limpo, ó meu modesto xeito de entender, é que lle estamos chamando “Memoria histórica” ó mero intento de facer historia, de historiar, de discutir versións, datos e documentos, e mesmo o xeito de darlles a todos eles un sentido. “Memoria histórica”, é unha expresión redundante e desafortunada, só é un flatus vocis que enche a boca de moitos e desanima a quen quere tirar os ídolos que, polo poder reinante, foron aloxados na nosa individual memoria. Paréceme interesante que os nosos maiores ilustren con feitos que gardan na súa memoria á historia, pero me preocupa cal sexa a historia que queren ilustrar, prefiriría que esa memoria fora para desenmascarar as trampas de facer pasar por dogma un saber que só é conxectura.

EU DIGO

febrero 4

Queridas amigas e compañeiros:

            Quizás non sexa este o lugar nin eu a persoa axeitada para facer un discurso teórico sobre o que é ou deixa de ser o Anarquismo. Seguramente porque compriría moito tempo para desenvolver tal pretensión teórica, cousa da que non dispoñemos, e máis seguro todavía porque eu non son ningún teórico e moito menos orador, xa que como vedes tiven que escribir esto que agora leo para polo menos ser un pouco entendido por vós.

            O que si vou facer, con toda humildade por certo, é contarvos un pouco o que para min significa o feito de ser anarquista, non no plano persoal, xa que penso que ninguén pode hoxe en día considerarse tal no senso pleno, senón no plano puramente ideolóxico, plano no que o meu pensamento moral e politico, centra o tempo das súas cuitas e preocupacións.

            As miñas inquedanzas dende moi novo estiveron orientadas ós problemas existenciais, cun claro e marcado acento social. Quere isto dicir que me preocupaba a vida, e en especial a vida en comunidade. Pero para ter claro a nivel ideolóxico o que digo é esencial que saibades que de pequeno fun monaguillo, muy identificado por certo coas doctrinas de Cristo: O amor entre os homes, ese mandamento novo que o suposto fillo de deus nos propuxo. Andado o tempo, concretamente en 1977, as loitas sociais e nacionais que se daban na Galiza chamaron a miña atención e descubríron na miña adolescencia a hipocrisía da relixión. Ideoloxizaron e politizaron o meu amor á Terra que me viu nacer e metéronme na realidade social e politica que aqueles tempos traía.

            Durou este soño da razón ata ben avanzada a adolescencia, ó comprobar que o que realmente amolaba a tódolos humanos, o que facía que os problemas que xurdian no seo de calquera comunidade foran irresolubles(ou polo menos non se resolveran a gusto de todos, para ser máis preciso)non era outra cousa que o uso e abuso de poder. Ese poder non xa abstracto senón concretado en cada momento das nosas vidas. Coñecín como a xente vai mudando a súa faz cando é tocada, coma se dunha variña máxica se tratase, polo poder, coñecín como se perdían amistades e mesmo amores por culpa dos seus influxos. Teño un amigo, moi querido por certo e que realmente non ten moitas inquietudes, nin políticas ni ideolóxicas, que me dixo unha frase que non esquencerei xamais: “Se realmente queres coñecer a unha persoa dálle poder”. A frase ten a súa enxundia. Quería dicir o home o que eu xa matinara había moito tempo: o poder corrompe e provoca enfrentamentos, conflictos de intereses entre  homes e mulleres, o poder é insaciable, canto maís se ten máis se precisa, o poder engancha e arruina a dignidade de quen se lle poña por diante.

            A proba de todo isto pódese atopar no vivir de cada día. Non son as leis as que nos opremen, é a xente que as controla, os que as fan, os que as aplican, quen fai que nos sintamos oprimidos. A lei, a norma en sí, e necesaria para convivir, pero o uso e o abuso fan desta unha arma, arma que os poderosos manexan ó seu antollo para perpetuar o seu poder ou no pior dos casos para acrecentalo. O vivir de cada día amósanos a cruda realidade da política, a ideoloxía ó servizo non do benestar público, senón do poder de xentes que viven ben, que dicen ser xente de paz cando aceptan e promoven guerras e fames para seguir mantendo o seu poder, aínda que este só se nomee como poder adquisitivo. Xentes que pechan os ollos ás desgracias mentres eles poidan seguir conducindo o seu carro, mercando no hiper ou desgastando o seu corpo en enchentas infames; cheos de prepotencia e de cartos.

       Quizás de tódalas teorías de tipo social dende Rouseau, é o Anarquismo o que persiste en ter unha visión optimista do xénero humano. Pese a ser desprestixiado hoxe en día nos círculos intelectuais desta cultura occidental por utópico, o Anarquismo segue a ser un movemento que aparece como atractivo sobre todo as capas sociais medias que ven a política actual coma unha mera comparsa ós dictados daqueles que se enriquecen sen escrúpulos a costa dos máis pobres, sobre todo no chamado terceiro mundo. Estas políticas que por un lado propoñen unha moral xudeocristiá, facendo seus tamén tódolos ideais da ilustración, están por outra banda machucando coas súas máquinas de guerra vastas rexións dos continentes chamados pobres. O famoso lema “a Deus rogando e co mazo dando” faise carne na política internacional que hoxe impera no noso planeta. O neoliberalismo, que curiosamente propón como principio a liberdade total do individuo como o fai o Anarquismo, busca no libre mercado a solución para os males da humanidade e agacha, con certa malicia, que ese libre mercado é o que propicia a venda de armas a países que, cos seus gobernos corruptos, prefiren sacrificar matando de fame a grande número da súa poboación que deixar de controlar mediante a forza a todo movemento que pretenda liberar da pobreza ós miserables. Ese mesmo neoliberalismo nos mercados occidentais dótase de mecanismos estatais para protexer os seus intereses e impón cotas á producción e á comercialización, mentres nos centros de finanzas os “ricos homes de paz” enchen os seus bandullos e van á igrexa os domingos.

Estas mesmas políticas utilizan medios de comunicación de masas que aparvan a humanidade mentres outras ideas seguen soterradas pola imposibilidade de propagarse ó seu mesmo nivel. “Pan e circo” é todo canto cómpre para que a xente esqueza o sufrimento que a maior parte da poboación mundial padece. Mentres, as súas consignas, propagadas por literatos ou intelectuais ben mantidos, seguen a desprestixiar o idealismo e a utopía como fenómenos caducos, propios da xuventude e dalgúns tolos adultos que non queren medrar.

Fronte a isto, e moitos aldraxes máis que non caberían neste pequeno discurso, os anarquistas seguen a proclamar o seu ideario, que aínda que se poda tachar de utópico, é unha reivindicación de todo aquelo que o ser humano ansía tanto individual  como colectivamente: a felicidade e a irmandade de tódolos pobos da Terra na procura da supervivencia da Vida na Natureza.

Por iso o noso ideario segue a partir dunha visión de boa vontade, unha visión optimista do xénero humano e propugna:

  1. Liberdade total do individuo.
  2. Libre reunión dos individuos e grupos non forzados por ningunha institución ou organización.
  3. Liberdade harmónica sobre a base de contratos libremente respectados.
  4. Supresión da propiedade privada sobre os  medios e os bens de producción e os medios de comunicación de masas.
  5. Rexeitamento, por tiránico, de toda forma de goberno.
  6. Supresión de calquera forma de estado.

 

Non son moitos puntos e somos conscientes da dificultade que entraña levalos para adiante. Que sexamos utópicos non quere dicir que sexamos parvos, pero, polo que sabemos, cousas que noutro tempo parecían irrealizables hoxe son cotiás gracias ó teimoso esforzo de moitos. Tal vez nós non vexamos logros, pero ó que si non estamos dispostos é a que os nosos fillos perdan certos principios ós que ó ser humano lle custou  tanto chegar. Con esa ilusión e coa forza que nos dá sabérmonos infinitos na nosa intelixencia, loitaremos polo que ansiamos xa nas nosas pequenas vidas.

 

            Farto quedei da relixión, da hipocresía que utiliza a mensaxe de Cristo para manter un sistema inxusto de ricos e pobres. Farto quedei do Marxismo politizado que propón dictaduras burocráticas dun Estado absoluto, farto quedei da mensaxe dun nacionalismo que brota de politizar sentimentos de apego á terra e que propón pechar ollos e sistematizar as diferencias, perpetuando non se sabe qué. Non hai autoxestión nos nacionalismos, senón poder duns poucos, chámese élite intelectual, chamese élite económica. E farto quedei de que as propagandas subtilmente publicitadas manexen a conciencia e a vida do común das persoas.

            Non vou dicir aquí, que o anarquismo e os anarquistas sexamos a conciencia verdadeira da humanidade. Os homes e as mulleres ácratas son seres humanos coas súas contradiccións e os seus medos, cos seus erros e os seus acertos, coa súa habilidade e a súa ineptitude para mover o mundo. Pero o que si quero que saibades é que a nosa ideoloxía bebe nas fontes máis puras e xenerosas de todo saber humano, propón un método e un estilo no que o poder queda reducido o que emana da comunidade, das súas asembleias e acordos comunais. Non hai delegación de poder, non hai hipoteca dos nosos actos, non hai hipocrisía á hora de recoñecer os nosos erros. A vontade do pensamento anarquista mira lonxe, mira ó tempo no que o ser humano poida ser ceibe sen soportar por riba del a carga de infelicidade que un sistema xerárquico, inxusto e cruel, está hoxe en día a botarnos. Por iso, eu dende aquí, coa humildade do ignorante, non vos pido nengún voto, non vos pido que sintades tan sequera o que eu sinto, senón que recibades as miñas palabras, as escoitedes e actuedes en consecuencia.

 

            Nin Deus, nin Patria, nin rei.

            Todo por ningunha patria.

            Saúde e Anarquía.

UNHA INFORMACIÓN EVIDENTE

enero 28

 Non poderíamos concibir ao ser humano sen o concepto de información. Aínda se podería ir máis lonxe dicindo que non saberiamos nada de nada se non fose pola información. Se podería pensar que isto é evidente, pero, ¿cantas cousas evidentes pasan diante dos nosos ollos sen nos decatar delas?

            A importancia da información, dende que andábamos nas cavernas, foi tida en conta por tódalas culturas. A súa posesión era apreciada como un ben máis, como podían ser os alimentos, ou as ferramentas para procuralos. A mesma producción destas ferramentas, por exemplo, dependía da información que se tivera acerca dos materiais para a súa elaboración, así como das técnicas para construílas. Como ben de consumo, a información era unha cousa intercambiable, e o comercio desta sempre foi importante para todos os poderes. Espías había que percorrían o Imperio Romano para dar conta dos movementos de tropas, e persoas que se dedicaban a axitar xentes con só transmitir certas informacións. No século XIX, a información, as novas que acontecían no mundo, era controlada por ingleses e franceses que posuían empresas dedicadas a este negocio. Empresas que servían aos intereses dos estados e que axudaban a estes na colonización e control de territorios ricos en materias primas.

            Hoxe en día, a guerra da información podémola atopar en tódolos recunchos da nosa vida. As cadeas de televisión loitan unhas con outras por acaparar audiencias, os xornais queren dar as novas máis frescas para chegar a máis xente, e a publicidade móstranos modos de vida preceptuados que empurran ao individuo ao consumo. A información é hoxe o ben máis prezado de calquera poder.

Se analizasemos os medios de comunicación mundial, veríamos que estes pertencen a unhas poucas familias do mundo, familias que son capaces de tirar gobernos ou poñelos, de marcar as nosas preferencias no vestir ou no comer, de manipular as nosas conciencias dicíndonos o que é bo ou malo para as nosas vidas.

            Certamente existe algo que se chama liberdade de expresión. Pero a expresión no é  libre, porque non conta cos medios( tv., prensa,radio, etc.) para propagarse. ¿Existe algo se non sae nos medios de comunicación?

            Agora está Internet, a información viaxa dun lado para outro cunha certa liberdade. Pero, se nos fixamos un pouco, veremos que as grandes empresas de sempre premen os gobernos do mundo para poñer trabas a esta circulación libre. Os portais polos que accedemos a internet pertencen a estas mesmas empresas ou senón acábanos mercando, e cada vez son máis os filtros para que chegue a nós o que queren que chegue.

A propaganda, a publicidade, cumpren ese cometido; a loita polo control da información volve a ser, como o foi sempre, o eixo sobre o que xira o poder mundial, porque por ela chégase a pusuir todo poder. Non existe pois poder sen información, de nós depende facer consumo dela sen deixarnos engaiolar. A tarefa que se lle impón ao ser humano é saber descobrir o engano para así ser máis libre e quizás máis feliz.

Non é nada novo a importancia da información, é evidente, pero conven non esquencer que a súa importancia radica  en que representa un elemento vital para o ser humano, agora máis que sempre. 

TODA A VIDA MIRANDONOS O OMBRIGO

enero 21

Toda a vida mirándonos o ombrigo. ¿Non somos capaces por máis que queiramos de sair de fora de nós mesmos?

      Un día atrevinme a ler un xornal póndome no pelexo dun reaccinario de dereitas:”¡Hostias-dixen para min- como che cambia o mundo!-E seguindo na súa pel matinei- A moral patas arriba, xa non hai ética nin estética coma as de antes: exemplarizantes, serias, ríxidas e inflexibles.”

      De súpeto dinme de conta de que un reaccionario é unha persoa romántica, que ten morriña daquel tempo no que as historias dos avós estaban concibidas para meter medo, para que os nenos non deran a vara á hora da sesta, para que non preguntaran cousas que non había xeito de expricar pola propia pobreza do pensamento. Dinme de conta de que un reaccionario non é máis ca unha caricatura, unha copia deses modais que por aburrimento ou por nugalla o ser humano non foi quen de mudar, un persoaxe que converte a ignorancia en dogma de fe, en esquema para dirixir a súa vida. E como resulta que proveñen da estirpe do poder, herdanza sanguinea ou contaxiada, amolan todo aquelo que cae baixo o seu influxo e tratan de aconchegalo á súa ignorancia:”Nada ten que cambiar agás o cambio mesmo”. E dicir, todo aquelo que incomode ó seu mundo, o seu pechado e insípido mundo.

      A relixión, neste contexto, non é para el a busca de deus, senón tradición que pon orde e alivia o esforzo da razón para entender o mundo. A relixión convértese logo no ombrigo ó que mira con próspera compracencia.

      Sen querer ou querendo,que non o sei, funme decatando de que todos os que miramos para o nosos ombrigos facemos deles unha especie de relixión, e aínda crendonos da esquerda máis progresista non somos máis que uns pobres reaccionarios.

      “Reaccionar contra a reacción”, compre dicir; pero como non ergamos a vista do noso propio bandullo, a marea(máis negra ca do Prestige) afogará calquera esperanza, e sen esperanza só ficará o pensamento único.

TOUCIÑO E VELOCIDADE

enero 14

O nacionalismo, coma ideoloxía, non é outra cousa que a politización dos sentimentos. Penso que vivir nun lugar concreto e asumir a súa problematicidade nada ten que ver co nacionalismo. O nacionalismo, como tal ideoloxía, nace nas clases burguesas de finais do século XIX, é unha resposta ó poder centralizado nas grandes metrópoles, e é a loita do pequeno capital local contra as vantaxes do gran capital que, instalado neses centros de poder, mantén estructuras de dominación supranacionais. Poderiamos facer unha análise histórica de como e porqué xurden estas ideas, dos factores idiomáticos e de producción económica, que impulsan a certos políticos a estableceren as súas diferencias coas rexións limítrofes, da débeda histórica etc. Pero todo este estudio penso que non nos corresponde a nós facelo.

      Estou de acordo co compañeiro Eliseo Fernández en que o movemento anarquista non debe ser alleo á problemática local, allearse dela, pondo como escusa un certo internacionalismo, é pouco máis que un sinsentido. Agora, confundir o interese polos problemas da miña vila, das súas xentes, dos compañeiros e habitantes dun espacio que comparte moitas cousas, entre elas a lingua, digo, confundir iso co que significa o nacionalismo coma ideoloxía paréceme preocúpante. ¿Porqué? Pois por que o nacionalismo só busca a instauración dun estado, dunha máquina de poder dirixida por uns poucos, e da que debemos desconfiar coma desconfiamos de calquera que fai valer os intereses dunha minoría sobre os da maioría.

      Como anarquistas teremos que vivir ó día a día de todo o que acontece, non só no noso mundo máis próximo, que tamén, e con especial atención, senón en toda a orbe terrestre, pero penso que deberíamos estar atentos precisamente a esta politización dos sentimentos que non busca máis que mobilizar á xente en pro de intereses que non sempre están demasiado claros. Dende logo que diferencio o nacionalismo de esquerdas do de dereitas, pero o que non podemos esquecer é, que ás veces e en deteminadas coxunturas, a concepción de esquerda e dereita queda desdebuxada en aras dun interese nacional. E non vos esquecer de que a dereita tradicional, que é sempre nacionalista, endexamais regalou algo a cambio de nada.

      Cada un é moi libre de defender o que cre defendible, pero non mixturemos as cousas; os nacionalistas que defendan os intereses que queiran, nós, os anarquistas, bastante temos con defendermonos da opresión que, veña de onde veña, sempre nos amola.

                                               Paco Rubinos

QUEN LEVA A RAZÓN?

diciembre 17

Nada hai máis irracional que levar sempre a razón. A razón é algo peculiar do ser humano, un “non se sabe que” que todos sabemos. Quizá sexa unha ferramenta do noso intelecto que nos axuda a darlle sentido ó noso desenvolvemento natural, pode ser o mero cálculo, e, dependendo do filósofo, pode ser interpretada de diversos xeitos, incluído o de non existir sequera. Gustaríame distinguir dúas acepcións do termo “razón”; por un lado aquela que me atinxe a min como individuo: persoal, intransferible e íntima; e aquela que comparto cos demais: esa razón pública que elabora o discurso e que me permite comunicar certos estados de ánimo e de in-formación. E utilizo o verbo “gustar” porque esta dicotomía, que  a primeira vista se impón como axeitada á hora de enfrontar ó problema da razón, non é, unha vez que afondamos nel, consistente co que a razón mesma nos sinala.

Cando penso no que é a miña razón, aquela que describín antes como persoal, non podo desligala da razón pública, da discursiva, en tanto que a obxectividade, a busca dese sentido que faga posible a comunicación, convértese en premisa fundamental ou principio do seu uso. A Razón só se me mostra coma tal cando penso que ha ser entendida, que ha ser recoñecida: aí se dilúe o problema dese dualismo que se impón como obvio.

A razón deste xeito entendida é unha construcción metodolóxica, un puro esquema que se reforza por e para os “outros”, unha construcción na que se vai dotando de sentido ese “eu”, que busca autoafirmarse no recoñecemeto que percibe dos demais. Non hai pois razón se non hai construcción indvidual discursiva, comunicativa, e os argumentos por ela elaborados serán menos comunicativos se no esquema que ela é idividualmente se ignora o recoñecemeto dos “outros”.

Seguro que a máis de un lle doeu ollar como ante tesis ou argumentos por el expresados, o seu interlocutor respostaba con incoerencias, no sentido de non entender ben o que un lle quería dicir. O feito da comunicación ten moito que ver coa razón, por iso compre construir unha razón entre tod@s, un esquema xeral que permita saber o que queremos e sobre todo o que dicimos. A razón, é verdade, usámola, pero nunca a posuimos. A razón é cousa de todos, outra cousa é que se nos entenda.

Á pregunta de ¿quen leva a Razón? Só nos restaría por respostar que tod@s, no momento que haxa un individuo ou un grupo que se arrogue a súa posesión, debémosnos dar por fodidos.

Por outro lado é moi humano  pensar que, polo menos, algunhas veces a temos.

 

O GORDO E O FRACO

diciembre 10

     Todos, o chegar a unha idade, volvemos a  vista atrás. Preguntámos milleiros de cousas: Que foi daquela rapaza que asexabamos sen que nos vira, que foi daquel amigo inseparable de copas e chapes, que pasou con aquelas interminables peroratas do profesor de turno(xa sei que é quenda), daquel tempo no que as primaveras eran primaveras e os veráns veráns, enfín, preguntas nostálxicas, e ó cabo, retóricas e tópicas.

E ven a conto isto de que, ollando os xornais, pregunteime o outro día: ¿que foi daqueles políticos carismáticos, rexos  e duros de antano? ¿ que ten que ver Blair coa Thacher, ou Merkel con Kohll ou Zapatero con Felipe?

Lembrando aquela prensa dos ochenta, aqueles acontecementos históricos, aquela solemnidade transcendal de todo o acontecer político,  remexín na memoria co afán de atopar unha imaxe que poidera ser a sintese desas comparacións irresistibles: Vin caer o muro diante dos meus ollos vidrosos nunha tarde de resaca, vin firmar o tratado de adesión á Unión Europea na barra dun bar tomando unha caña, e pasou pola miña mente a visión dos negros de Suráfrica saíndo á rúa mentres Mandela falaba polo televisor cun soriso prominente. Ese día non bebera ¿ou si?

Pero, entre as imaxes que saían, volvía unha e outra vez unha que aparentemente nada tiña que ver con todas estas inquedanzas: A estampa do Gordo e o Fraco.

Aqueles dous actores non tiñan nada que ver nen tansequera  coa cronoloxía da miña pretendida retrospectiva. Entón, porque se repetía a súa presenza cando eu buscaba recordos daqueles anos.

Eu non son psicólogo, pero ás veces pásame coa psicoloxía coma coas meigas, non creo nelas pero habelas hainas. Así que da fase retrospectiva pasei a unha introspectiva que me levou a esencia metafísica do “quefacer” político.

Logo caín na conta. O problema dos políticos é precisamente iso: “que facer” co seu tempo para manexalo noso, sen que por outra banda o poder económico se sinta manipulado el tamén. E a imaxe do Gordo e o Flaco non é máis que a imaxe dos nosos políticos de hoxe. Se antes eran xente a que considerábamos fillos de Puta, pero os nosos fillos de Puta, ó cabo, parafraseando a non sei que presidente americano do norte, hoxe son tontos utiles nas mans dun capital crecido en poder e tan absurdo coma os diálogos dos dous humoristas.

Neste tempo que vivimos, xa non poden existir políticos coma os de antes, porque agora, pese ou gracias ao consumismo das masas, que non sei que son pero están, a xente xa non fai caso deles. Porque, coma o Gordo e o Fraco, de tanto velos e oilos, chegaron a cansar.

É máis, nunca ninguén fixo tanto para que tanta xente sexa libertaria. Pena de que a maioría nen se decate delo sequera.

O QUE A NATUREZA MANDA

diciembre 3

      Todos, uns máis, outros menos, pensamos que os demais están instalados no consumo e que así non se vai a ningures. Ou que sinxelamente a felicidade no se atopa nos bens materiais. E, sen renunciar aos nosos cartos, traballamos para o mercado como o que mais. E é que a mentira só se atopa na relación cos nosos conxeneres, pero o noso pensamento estase a sustraer dela constantemente. Neste escaqueo é onde a conciencia nos marca. E cuestiónase a relación entre o pensar e o facer. Na situación de aparente benestar na que nos atopamos os que temos en sortes vivir na parte occidentalista do planeta, a conciencia rompe cos feitos e crea soliloquios que nos conducen sen remedio á loucura, á desesperación e á anguria. As drogas, con ou sen receta, parecen que amañan desafeccións e falta de comunicación, e en certa medida corrixen ese desfase, ese desconcerto entre o que os nosos pensamentos din e o que as nosas conductas provocan. A realidade, é a miña tese, só se atopa, en canto que representable, no pensamento, e todo o real é por definición verdadeiro. Os noso feitos, inducidos por unha convivencia forzada e extraña, non son máis que a negación da realidade e provocan no universo humano a destrucción da natureza, a destrucción da realidade. A vida é organismo, e o organismo humano desenvólvese por e para o pensar, se nos negamos esa capacidade en favor da praxis consumista estamos avocados a evoluir nun senso que deixa de ser humano para ser quizás de insectos nun universo limitado. Non se trata de cargar contra a responsabilidade que podan ter uns ou outros individuos en tal evolución, trátase de constatar o felices que poderemos ser os humanos actuando conforme a verdade dos nosos pensametos sen dislocacións entre o que realmente queremos e o que facemos, e seguir sen dúbida ningunha na saída espontanea que a natruraleza propia nos brinda. Evolucionemos pensando e non mercando, fagámolo pola nosa natureza.

O METABOLISMO

noviembre 26

O metabolismo é algo esencial aos seres vivos. Xa o dí o refrán: “de grandes ceas están as tumbas cheas”. Pero o metabolismo no ser humano é algo máis que un proceso dixestivo. Unha reubicación da enerxía non significa só unha transferecia física ou química sen mais, producida pola inxesta de alimentos. O metabolismo no ser humano é tamén metafísico, no senso de ser algo que por agora, ainda que nos imos aproximando,non pode ser catalogado como propiamente físico: a información. O espirito, por outro lado, é iso que se nos agacha por tras, iso que non somos capaces de situar como puramente informativo: esa dúbida intelectual, moral e humana da cal non somos capaces de informarnos gustosamente.

      A metabolización informativa produce en nós ese crecente “só sei que non sei nada”; é inevitable, e intoxicámonos con cada unidade, bite de información, que introducimos nas nosas neuronas.

      É normal que un xestor de seguros, un banqueiro ou un albanel manexen ou posean fontes de información diversas, unhas coincidentes, outras non. Pero cada un manexará o seu espirito, a súa dúbida, conforme ao seu interese e proveito; cando este é satisfactorio, caralludo, cando non, esa dúbida, ese espirito é desconfianza.

      A teorización da loita de clases pon de manifesto o estado de desconfianza e recoñeceo históricamente, somos informados desta realidade e faisenos patente no noso propio contorno. ¿Que é o que impide logo, nestes momentos, que o estado de espiritos dispares teñan tan pouca desconfianza, esa morte da historia que anos atrás profetizaba Fukoyama? Moitos están conformes no estado de dereito, nas democracias ben instaladas; sen se dar conta, metabolizan esa información que nos baixa á realidade(fames, enfermidades, guerras, matanzas)sen que produza nin un leve ardor de estómago. A información é engulida e o espirito loita sen convicción. Comemos, bebemos, fumamos, vivimos “como dios” mais ou menos, sen nos decatar sequera de que o cambio sempre é posible. Ese cambio, esa revolución, está nos nosos espiritos, na nosa dúbida. Se loitas, loitas, senón deixarse de gaitas e a beber calquera clase de bicarbonato.

PARA @S PEREGRIN@S

noviembre 16

        Non sei exactamente cantos peregrinos chegaron neste derradeiro Xacobeo. Seica uns millóns. Todos chegaron a Compostela e foron, seguramente, ben recibidos. Comeron, bañáronse e tiraron  polo menos unha vez da cadea do retrete. Esa auga que corría polos seus sanitarios é a mesma que eu estou a ver agora no Sar, aquí por Bertamiráns. Esa auga que baixaba clorada e clara agora é coma “café con leite, cunha escumiña graciosa que mesmo dá gañas de beber dela”. Que milagre! Deus, o Apóstolo e o servizo de augas converten o líquido elemento en algo polo que temos que pagar preto dun euro en calquera cafetería.

            Non toleei, simplemente estou a citar malamente as verbas dunha nena que, coma min, contemplaba o río Sar nun bo día de outono.

            Que é o que pasa coa depuradora de augas residuais?

            Santiago é ecolóxico e ecoloxista. Colectores de lixo separados e soterrados para que non cheiren, grandes parques con lindo céspede e moitas cousas máis que abruman ao visitante. Mais quixera eu que moitos destes europeos, relixiosos ou non, que deixan os pés no Camiño, baixaran  cara Roxos e ollaran como vai o río Sar a partir da depuradora. Como, cando chove, a auga sae peor de como entra, pois a capacidade da mesma é para unha vila de 20.000 habitantes ou pouco máis. Moito Xacobeo, moita capitalidade europea, moita cidade da cultura pero o importante, o que en verdade fai a unha cidade digna dos seus moradores, e de todos cantos a visitan, é o respecto ao medio ambiente. Que pasa? Que non hai cartos para sanear e si para macro proxectos de formigón?

            Por favor, señores políticos, se isto é así, dígannolo abertamente, aínda quizás esteamos a tempo de facer unha subscrición popular ao pe da entrada da catedral, e sexamos capaces de recolectar o diñeiro que faga falta para construír aquilo que, porque non se ve, non lles preocupa.

            Sinto vergonza allea de facer este escrito, mais que nada porque ter que dicirlle a alguén que se lave resulta bastante desagradable. 

O BURGUÉS

noviembre 5

 

Eu son un burgués, un burgués pobre, consumista e intelectual. Pero son un burgués dos de aquí, dos que no mes de agosto apaña as castañas e dá ás viñas a última man de sulfato.

Coma min hai moitos. Algúns non apañan patacas pero lavan o coche ou ven televisión, ou adecentan o xardín que está murchadiño, mentres pensan na cea dos venres.

Ningún está en política, pois ben sabido é do burgués que a política só produce desgustos:”sonche de aquí pero militar non milito”.

 Ser burgués nesta terra é algo circunstancial, insignificante, como si foras un ninguén. En menos dun século pasou o labrego galego a burgués, e isto non tería nada de especial, xa o materialismo dialéctico prevera tal cousa, senón fora porque por primeira vez na historia universal todo un pobo( clases máis baixas porsuposto)muda a ser burgués da noite para a mañá.

Galicia, “Cidade única” que dixera Fraga, todos burgueses por decreto. Aínda que en toda maceta de calquera casa haxa unha horta en miniatura.

Son burgués de aquí e non me doe dicilo porque a honra de labrego e a indiferencia de fidalgo impregnan os meus xenes. Amansáronos, pero por embaixo desa mansedume latexa a idea de ceibar non se sabe que..

Os burgueses de aquí andamos nas altas construccións filosóficas, tratando de darlle sentido, non xa ás nosas vidas, senón á política global, as guerras de civilizacións,á conquista do universo. Levamos o penedo de Prometeo ás nosas costas coma se fora o chaveiro no que outros humanos levan normalmente as súas chaves.

¡Pero ollo! Aquí, en Galicia, ninguén dirá en público que é un burgués, a palabra en si está proscrita, mal vista. Así uns dirán que veñen do campo e falan galego de “toda a vida” e outros ensinaranche o brasón familiar dicindo que non poden co galego, que o importante non é o idioma no que se din as cousas senón as cousas que se din. Os uns mostraran automóbiles impresionantes polas estradas, os outros disimularán a súa penuria económica mofándose da ostentación dos demais. Pero, como pauta ben fundada, todos quitarán importancia ás súas pertenzas. E é que o burgués galego, malia todo, non ten envexa, no é español, o único que precisa é poder seguir gozando das vacacións pagadas e das tapas dos domingos.

Non é mala vida a do burgués mentres siga ilusionado coa súa propia mentira: “por riba de min só está o capital, que é impersoal, unha abstracción no intelecto”.

Mais isto acábase amigos, o engano xa non move a imaxinería, hai nomes e apelidos que manipulan por riba das nosas testas, e isto xa non o atura o burgués porque o converte en proletario, aínda que só sexa en conciencia.

A VOLTAS COA RELIXIÓN

octubre 29

¿Ten que converterse a liberdade de opinión nunha relixión máis? Boa pregunta, aínda que absurda. É  como o chiste dos dous galegos que, atopándose no cabo Fisterra contemplando unha maravillosa posta de sol, lle dí un ao outro: “Manolo, todo nesta vida é relativo”, ao que o outro resposta: “bueno, depende”.

E é que afirmar a universalidade do relativo de forma absoluta vólvese un contrasentido que encerra toda a ironía do esceptiscimo, según o cal nada podemos saber, nada podemos entender nin explicar de forma absoluta, nin sequera a relatividade das cousas.

O escepticismo non é máis que unha visión do mundo conservadora, que non en poucas ocasións desenvoca nunha fe cega na tradición, na espiritualidade dos libros históricos como fonte de salvación. O escepticismo é predicado: “miña madriña que me deixen como estou, xa que non podo arranxar nada”, e este tipo de actitude conduce ao conformismo e ao sometimento.

            Por iso as relixións arrasan, xa que afirman a relatividade do relativo intencionalmente, sostentando ese mesmo sentir escéptico e reforzando a actitude vital de moita xente, levandoa, ás veces, ao fanatismo.

            A liberdade de expresión non debería, ao meu xeito de ver, atentar nunca contra o individuo, aínda que este sexa escéptico, pero moralmente é un deber o exercitala contra aquelas institucións que manexan  a existencia de moitos, conducíndoos incluso á morte. A liberdade de opinión, tan maltratada, vendida como un material de consumo igual que outras mercadurias, volverase contra os humanos en forma de miseria e destrucción, como xa está a pasar no mundo árabe, porque, manipulada e debidamente terxiversada, proporcionará o motivo perfecto para masacrar a moita xente.

            Pódese pedir perdón por múltiples cousas, polos aldraxes cometidos, polos asoballamentos, polas faltas de entendemento ou compresión, pero xamáis pola razón que se somete ao pensamento. Eu, dende aquí, quero pedir que se respecte aos homes e ás súas crenzas. Pero acaso as relixións merecen tal respecto? Non vou contestar a esta pregunta, só hai que fixarse nos mortos que se acumulan, uns tras outros, nas guerras das que foron coartada que non causa, o demais, é xogar ao despiste.

A LIBERDADE

octubre 22

  Cando era novo, tiña unha obsesión polas palabras. Non por todas, debo recoñecelo, só por algunhas que suscitaban en min certo desacougo. Unha destas palabras era “liberdade”.

Un rapaz que vivía nunha situación típica daqueles tempos, preocupado por todo canto estaba a acontecer ó seu carón; desde as músicas que non entendíamos pero nos gustaban ata os acontecementos políticos que sacudían estas terras,nada nos era indiferente. Daquela se nos chamaba sen mais “pasotas”. Non era un pasotismo aquel que fixera honor ao concepto que a sociedade manexaba. A verdade é que non se desentendía un de nada; o que si pasaba era que de ser conscientes da porcallada da sociedade só nos quedaba fuxir. Cando a esquerda empezaba a poñer garabata, a ser escoltada e se fotografaba compracentemente co máis “Jet” dos “jet”, os nosos adolescentes bandullos revolvíanse de noxo e odiaban a hipocrisía a que nos víamos abocados. Nos pequenos cafés das vilas, creábamos un mundo á nosa medida, onde caladamente se esquencía todo o que acontecía fora. Nada nos movía máis que meternos por onde fora aquelas drogas novas que nos ía poñendo o sistema a tiro e que enriquecían a tanto sinvergonza. Era como se dixeramos: “Queredes matarnos, pois morreremos, pero por favor deixádenos en paz que en paz marcharemos”. Andado o tempo, vendo que as drogas non daban resultado, inventaron a SIDA, sofisticado xenocidio para unha xeración que verdadeiramente era libre. E digo que era libre, porque independentemente da sociedade, tumbaba por primeira vez na historia ás cabezas do poder, de todo poder, non loitando contra delas, senón aproveitando a inercia por elas provocada, ignorándoas coma nunca antes se fixera. Ese era o monstro da nosa xeración, ese era o poder das nosas vidas. Logo foron morrendo os máis xerosos e libres, e os demais adaptámonos a certo xogo, perdemos a liberdade non porque nola sacaran senón porque deixamos de vivila.

      Neses anos, escribín unha pequena definición do que era a “liberdade”, unha definición que se volvería contra miña e privaría o meu corpo de vivir as cousas coma ata daquela as vivira. Non foi que perdera a razón pero sei que nese momento se me fixo estraña. E por largo tempo considerei pensamento crítico aquelo que hoxe considero pura descrición:

 

 

 

“Bonito termo o de Liberdade. Ollamos como a todo o mundo se lle enche a boca ó pronuncialo.

Nas verbas, en todas, hai certa actitude comunicativa, isto é obvio, mais esa comunicación só se da se hai acordo entre os falantes. As palabras son neste sentido acordos entre as persoas que as manexan. De aí que o significado de moitas, o non haber un acordo pactado, sexa o principal atranco para o entendemento humano. Liberdade é, sen dúbida ningunha, unha cousa para o neoliberal e outra ben diferente para o marxista, para a ama de casa burguesa que para o que anda tocando polas rúas, en fin, que é un termo sen significado pactado por iso se emprega de tantos e tan variados xeitos. Penso que non descubro nada novo e que tal vez son moi simple, pero todo isto ven a conto de observar o que nos contan que está a suceder no mundo. Quizá o que escrebe, de certo, non teña nada claro o significado deste termo, quizá non ollarán os ollos o día onde o pronuncialo todos saibamos do que falamos, pero ata daquela podémonos contentar non intentando descubrir o que é senón o que non é. No descarte darémonos conta de que coincidimos moitos máis humanos dos que cremos. Polo momento eu sei que aquel que a define está mentindo. Ninguén pode facer nada no seu nome que non sexa prexudicial para o ser que somos, porque a liberdade non se define, se busca, e só denunciando a súa negación poderemos atopar o camiño que a ela nos conduza.”

Velaí o engano do meu pensamento que non podendo definir positivamente buscou na negación o camiño. Hoxe tal vez descubro que iso de “camiño” só é un concepto snob, unha metáfora que engana a razón sutilmente. Pois a verdade de todo é que non hai camiño, que a metáfora que mellor define o que somos resólvese en espacios gañados á fraga, incomunicados parcialmente ou en orixe, claros que se van abrindo naturalmente, que as veces se unen uns a outros e deforestan vastas rexións, normalmente a feito, sen outra intención que a de evitar ser devorados pola selva. A liberdade non sería, nesta metáfora, mais ca desbrozadora, a fouciña que nos deixa seguir vivindo. ¿Quen pode definir o que só é un instinto vital, si non é dicindo que é precisamente un instinto vital? Polo de agora, sen ser capaz de ver tódalas árbores e malezas, eu sigo a limpar o monte para que non arda e se forren, os madeireiros, ás miñas costas.

PRIMEIRA LECCIÓN PARA LLE DAR A UN FETO

octubre 15

Non hai nada que sexa tan grande, tan forte, tan inmenso, tan doloroso, tan crítico, tan retoroto, tan angustioso, tan ferinte, tan absoluto coma unha decepción. A morte dun ser querido, a enfermidade, o desamor, a bancarrota, a miseria propia e allea, a violencia de palabra e feito, todo se reduce á decepción.

A decepción ven sempre polo feito inesperado. Na vida todo se volve esperar. E na espera poxectamos a nosa idea en vano. Porque o suceso sempre é imprevisible.

A ciencia basa o seu poder na predicción, e fainos crer que todo ten que suceder como ela di que debe ser. Pero o acontecemento sempre a supera. Poden surxir centos de teorías novas, logo dun tempo hanse ver sepultadas, esquecidas, invalidadas polos feitos. E é que a Natureza xoga a tódalas bazas, con tódalas cartas, manexando, e facendo efectivas, tódalas posibilidades.

En un millón de vidas que viviramos, os acontecementos, os feitos, habíannos superar sempre, sen piedade, sen intuir sequera que é o que fica no camiño. Porque nós non somos feitos, só somos un espello consciente onde eles reflicten a súa imaxe. E a idea, o futuro, non é máis ca nosa conciencia angustiada ante a inmensidade da vida.

Cómpre estar alerta, cómpre pois vixiar para reter na memoria o paso das imaxes que endexamais se esgotan. Non ten por que ser este un afán cientifico, teórico, chega con que sexa un cadro de ilimitadas impresións que alimenten o motor da decepción, ese que se vai poñer en marcha nada máis abrir os ollos.

CULTURA SEN RAZÓN

octubre 8

Todo na vida, aínda que pareza inocente dicilo, ten un sentido. É, este sentido, a razón que nós poñemos en estructurar a realidade. Todo ser humano vive para o sentido. O sentido non é máis que un exercicio instintivo que supón a supervivencia do individuo. Todo precisa ter sentido para existir, polo menos ante os nosos ollos. Cando un atopa algo que considera un sinsentido, preséntaselle ó pensamento a ansia incorrixible de buscar explicación, de buscar sentido. Claro está que si non llo atopamos, abandonamos ou esquecemos ese algo, ou deixámolo para mellor ocasión. Tamén existe, como non, a saída relixiosa da crenza. A cultura, segundo esta miña teoría, non é máis que un sinsentido cronolóxico que empurra ó ser humano a seguir sendo tal, en canto que cando entra en contacto consciente con ela, o caos, o absurdo, o irracional ocupa toda a intencionalidade do seu pensar. O caos, a falta de orde, non é un estado natural da imaxinería humana senón do medio que nos arrodea. Só na orde, na clasificación, calquera que sexa, vimos atopando a nosa propia natureza. Xa sei que para moitos as teorías da irracionalidade e do caos teñen un  certo atractivo, pois representan a intriga e a emoción do descoñecido, do sorprendente. Non obstante, que ninguén se engane, tanto o caos como a irracionalidade sen a razón ordenadora serían irrecoñecibles. Non vos deixedes enganar, estes conceptos non son máis que productos da cultura, cultura que por moito que nos empeñemos en darlle sentido segue sen telo. Usar a razón imponse coma  o único xeito de nos defender dela.

Mais a razón non é algo pechado, nin doadamente definible, só nós mesmos sabemos cando a empregamos ou cando nos abandonamos renunciando ó seu uso: Impóñennos así as modas, os gustos e moitas veces as ideas que debemos manexar. Deixamos que o sentido veña determinado de fóra e, de súpeto, ollámonos facendo cousas a desgusto, non conformes coa nosa razón. A cultura, dinnos os que dela cren entender, é todo o quefacer do ser humano, e moitos atrévense  incluso a limitar o seu campo decidindo o que é ou non é, isto ó que eles chaman cultura con maiúscula. Ben, pois eu dígovos que a cultura non é máis que un sen sentido, en canto que é unha busca do sentido. Se nos deixamos arrastrar polos que pretenden amosárnola como algo acabado faremos imposible a nosa propia busca, o noso propio sentido e a nosa propia razón.

Cultura é unha palabra que ven de culto, e o culto sabemos que só nos leva á superstición e ó medo. Todo canto fagamos procuremos que estea baixo o influxo da razón, deixemos a cultura para os cultos sen lles facer moito caso, eles están na crenza, nós na busca.                            

 

                                                     Paco Rubinos

A ARTE

octubre 1

¿Quen sabe o que é a arte ou deixa de ser? Os intelectuais falan e falan pagados polos medios para os que traballan, e dilucidan o traballo dos homes que teñen ocorrencias, e clasifican esas ocorrencias: eslamiado, tópico, inxenuo, marabilloso etc. Falan cunha voz suprema, coma o eco dun ser divino que xulga e lexisla. Pero a maioría, se lles preguntaramos que é para eles a arte, non serian máis que papagaios recitando a escritura de históricos pensadores, nunha restra de vagos argumentos nos que o concepto xamais podería ser descritivo, virían con aquilo de que arte é a capacidade de crear beleza, que a arte non é artesanía, de que compre unha vasta cultura para ser capaz de expresar calquera arte, de que o traballo é fundamental para o feito artístico e que non se lle pode conceder todo o mérito ás musas, etc.

Dicía un vello retrinco en castelán:”¿Que es el arte? Pués Helarte es morirte de frío.” Pero non é verdade. A arte é ferver ata as orellas, encherse de forza e estoupar ante os demais humanos, amosarlles na crúa e espida existencia o que un é: Sexa un un pringado, un exquisito esteta ou un sentimental desnortado. A arte é buscar cando nos peta, e canto nos peta, aquilo que todos buscan, e estampárllelo na face á sociedade toda, por riba de modas ou criterios. Por iso, na producción de calquera home, o concepto de arte debería cinguirse á persoa e non á obra, debería dicirse se un home é artista ou non, e tomar como criterio o seu desafío, o seu xeito de estar espido fronte os demais, a falta de pudor e o ímpeto da súa pegada. Non importa que sexa artesán ou albanel, calquera que loite por vivir ceibe e llo mostre os demais merece ser tido en conta, con desprezo desas cacatúas, memorias de disco, ensimesmadas no seu gueto, na súa fama culta e de estirpe, e endeusadas no seu poder mediático e de fachenda.

O gusto, teorías do gusto caeron como can as derradeiras follas dos carballos cada inverno. Castes de cuasifuncionarios estatais, intelectuais ben mantidos, son hoxe sombras ou nada. ¿Quen pode dicir, quen pode xulgar o que é ou deixa de ser arte? A arte é nada máis nin nada menos  que o producto dos artistas. Todo o demais son trapalladas do sistema, economías das que pouco entendemos, a non ser que enchen os petos daqueles mesmos que lles pagan os que deciden o que é ou deixa de ser a arte.

A beleza atópase en tódolos camiños que elixe o home, pero saber que é a beleza entra na depravada ou santa subxectividade do individuo, no tempo que habita, na saciedade do seu bandullo. A arte, por riba de todo, segue a roer na historia e imponse como o único fío conductor da nosa memoria, por riba de criterios e caprichos.

DA FE AO FÍGADO

septiembre 24

 

 Xa ninguén os cre. Falan de números e de contas, de infraestructuras e doutras gaitas que non se entenden, que non se queren entender porque todos sabemos que están baleiras. Os gabinetes económicos son os novos gurús que falan nun latín que repiten coma sacerdotes os políticos de tal ou cal credo. A máquina de facer cartos segue nas mesmas mans de sempre e un cansa de facerlle ver aos que se meten en política que todo o que reloce é ouro, pero que o ouro  non se come e só serve para relocir, para deslumbrar os ollos dos descastados que negan o cotián da realidade. Quixera un ver un salario social no mundo, pero o economista que propón isto, lonxe de ser publicitado, é tratado co desprezo do silencio pese a provir do sistema universitario legalmente finaciado polo capital internacional. Coma sería tratado se fose autodidata?

            Ninguén os cre. Falan de guerras e crimes, de malos tratos e de outras cantigas mentres chaman ás portas a fame e a desesperanza. E os privilexiados, que así moitos se senten, chegan a fin de mes co xusto para pagar a hipoteca da súa luxosa vivenda e o seu flamante carro. A publicidade segue a vender para os ricos pero esquence que trae tamén canda ela a miseria e o sofrimento. Tempos están vindo que así o atestiguan. E os mesmos de calquera credo queren que se siga educando en valores, financiando a propaganda de Rambos e outros secuaces polo estilo.

            Ninguén os cre, porque as crencias retornaron ao seu rego que é a relixión, e ésta só cre en si mesma. Nós, os de aquí, aínda nos imos librando, pero só porque a única crencia que temos é a da nosa hipoteca ou alugueiro.

            Crer é un acto de fe, e a fe coma o fígado só traballa en fución das drogas que teña que depurar. Actualmente tanto as que afectan á fe, coma as que afectan ao fígado son de mala calidade, quizás demasiado expostas ao tempo, valorentas e noxosas. Viremos ao autoconsumo en todas as ordes da vida, agradecerao o noso corpo e o dos nosos fillos.

 

                                                                       Paco Rubinos

                                                                       Do libro “Mentiras piadosas”

Su dolor, mi dolor, nuestro dolor

septiembre 16

Una reflexión sobre algo obvio: la muerte es igual para todos los humanos

 

Europa  Press

La muerte es igual para todos los humanos.El dolor de los que quedan es algo que sólo se sabe cuando uno es desposeído de un amigo, de un hijo, o de un amor cualquiera. La muerte es igual para todos los humanos. Y no nos damos cuenta, hasta que sucede en la carne de los que apreciamos. No está justificado matar, por lo menos nuestras conciencias no encuentran razón. Las armas matan igual en manos de un terrorista que en las de un soldado, y la responsabilidad es tanto peor la del que aprieta el gatillo como la de aquel que en un cómodo despacho firma las sentencias de muerte. Los humanos debemos aprender que, en nombre de cualquier legítima causa, siempre hay inocentes que mueren, quizás todos los que mueren sean inocentes, porque inocente y desgraciado también es el hombre que no ve más allá de su propio ombligo. La muerte es igual para todos los humanos. Si tuviéramos que salir a la calle por todos los muertos, podríamos vivir en ella sin jamás regresar a nuestras casas. Los ejércitos legalmente constituidos matan más inocentes que el terrorismo y pocos son los que se escandalizan, quizás por la lejanía, quizás por la condición social de quienes mueren. La muerte es igual o peor para quienes sufren las miserias del hambre y las enfermedades que para quienes reciben una bala. La presencia del odio y la posesión de poder en cualquier verdugo tiñen el planeta de rojo, mientras la mezquindad, disfrazada de información que manipula, sirve a un sistema que no nos sirve. Yo sólo pregunto: ¿Cuándo nos daremos cuenta de que la muerte es igual para todos los humanos?

DEFENDER EL PENSAMIENTO

septiembre 16

El futuro sólo existe en nuestro pensamiento; es por eso indispensable conocer el lenguaje para poder construirlo

 

El futuro sólo existe en nuestro pensamiento imaginativo como una mera proyección de lo únicamente real, el presente. Hoy en día, el Lenguaje, y con más profusión el político, vuelve a la jerga fascista, no exclusivamente a aquella que predicaba unos valores morales y patrióticos concretos, sino en cuanto que utiliza esa forma de comunicación que Adorno llamó “lenguaje de la autenticidad”, y que consiste en utilizar palabras abstractas con una carga valorativa no precisada que, inspirando en el subconsciente tanto del hablante como del oyente una idea de futuro tan incierta como poco imaginativa, intenta producir una especie de catarsis colectiva que activa el sentimiento y el que hacer humano hacia la aclamación o el cabreo. Palabras, como libertad, amor, fraternidad, solidaridad, paz etc, están, en estos tiempos que corren, desprovistas de idea, de concepto y solamente son sonidos que despiertan, como si de música se tratara, nuestros sentidos, sentidos que instintivamente dirigen formas de actuar en una dirección u otra dependiendo quién las pronuncie. Parece mentira, pero es verdad que, en la era llamada de la comunicación, las palabras se estén despojando de contenido significativo para ser meras imagenes estéticas reguladas por dos conceptos que parecían pertenecer al pasado, el bien y el mal, o eres positivo o eres negativo, o estás conmigo o estás contra mi. El futuro pues nunca existió como ente material sino únicamente como ente intelectual, y hoy no va a ser menos. La intelectualidad se trabaja con el lenguaje y éste, desprovisto de ideas, no es más que el aullido de un lobo. Pero no conviene olvidar que la idea es el intento de perfección en la especie humana, algo siempre inconcluso pero de busqueda constante, la utopía. La utopía no es exclusivamente patrimonio del soñador, como nos quieren vender determinados publicistas estéticamente intachables pero perversamente vacios, sino que es patrimonio de la idea, esto es, del intelecto y por lo tanto del ser humano en general. Nuestro derecho es pensarla y actuar en consecuencia, que no se engañe nadie.

La verdad de lo que pasa

septiembre 15

Una reflexión sobre los verdaderos motivos de la crisis y sus consecuencias

Europa  Press

Dicen que necesitamos recortes para ajustarnos al deficit que nos marca la U.E., recortes que propiciarán perdidas en derechos laborales adquiridos así como en la cuantia de los salarios de los trabajadores con menos categoria laboral. Uno podrá analizar la situación económica y llegar a diferentes conclusiones del porqué de tales medidas, pero no nos dejemos engañar. Yo pienso que todo esto no es más que una operación orquestada, una operación macroeconómica cuyo último y unico fin es el acabar con el estado de bienestar europeo para derivar a un modelo de ultracapitalismo a la americana, donde todos los servicios al ciudadano sean de carácter privado. Y esta situación comenzó a gestarse hace ya muchos años con la privatización de todas aquellas empresas públicas, estratégicas y rentables, no las voy a enumerar aquí pues seria tedioso e irrelevante hecho ya el desaguisado. A la economía y al mercado no se les puede atribuir esencias que pertenecerian a la esfera de la metafísica. La economía y los mercados los crean y dominan los hombres, por eso no podemos hablar de economia asi como asi sino de políticas ecomómicas, ni de mercado sino de formas y tipos de mercados. Tal vez la sociedad civil tenga que poner coto a los desmanes de nuestros políticos, y no me refiero a si este o el otro tienen sueldazos o si roban a diestro y sinestro, no, esto no son más que detalles con los que distraernos de lo verdaderamente importante. Me refiero a la política que trabaja para el interés privado en el nombre de los “dioses” economia y mercado, sin ningún matiz, y que propicia que la desinformación e ignorancia de un pueblo lo lleven no al desastre absoluto pero si a la separación abismal en la capacidad adquisitiva de unos pocos con respecto a otros. Será nuestra responsabilidad si no ponemos coto a esta política. ¿Como hacerlo? Eso es ya otra historia. Todo tipo de estrategias valdrán si son capaces de frenarla.