LÓXICA ILÓXICA
As vacinas non inmunizan según a oficialidade, ademais non evitan a transmisión do polémico virus. A situación epidemolóxica no estado español é boa, non hai saturación no sistema sanitario e a propia administración expulsa a traballadores contratados pra manter os servicios extraordinarios. Aínda así os medios, untados cos cartos dos grandes grupos multinacionais, apoian medidas como a vacinación masiva sen prescripción médica ou a instauración do pasaporte covid nesta situación epidemolóxica, preparan á opinión pública para que os políticos apoltronados nos gobernos autonómicos implementen medidas que atentan contra os dereitos humanos e constitucionais. Nada que dicir ao respecto, serven aos seus amos, uns e outros. Pero se a lóxica desaparece dos organos xudiciais todo está perdido. Perseguir ao disidente pertence a reximes totalitarios, onde a lóxica desaparece e a linguaxe retorcese para convertir en verdade lóxica a pura senrazón. Isto choca con calquera das formas de razoar do ser humano: Lembren señor@s da xudicatura…. se P entonces Q, Non Q, ergo Non P…….Isto é o que se chama en lóxica Modus Tollens que é unha das reglas principais da lóxica humana descrita xa por Aristóteles. A premisa é no caso que nos ocupa: se nos vacinamos entón non contaxiamos, máis si hai contaxio ergo non precisamos de vacina pra evitar o contaxio. Non hai moito máis que dicir señor@s xuices.