PacoRubinos.com Publicacións
Browsing all posts in: O MEU TUIS

o meu tuis 33

octubre 10

Human@s som@s

e no silenzo

nos atoparemos

o meu tuis 32

octubre 10

silenzo compre,

outorga, calando

corpo de silenzo.

o meu tuis 31º

abril 13

O siencio nin se escoita,

nin se sinte,

só é intención pura:

no humano puro instinto

que arrola a razón

que ven no seu seo

ao mundo.

o meu tuis 30º

abril 13

Non penetra a ciencia

no silencio

por ser indemostrable.

o meu tuis 29º

abril 13

Nada é silencio,

só ausencia.

o meu tuis 28º

abril 13

Que sería do silencio

se non houbera

ruido nas nosas voces?

o meu tuis 27º

abril 13

Que sería da música

sen o silencio?

o meu tuis 26º

abril 13

Xoga o silencio

a templar

as cordas de toda guitarra.

o meu tuis 25º

abril 13

Se non hai Ver,

as augas fanse profundas

no pozo do silencio.

o meu tuis 24º

abril 13

A nada do silencio

é o todo da mirada.

o meu tuis 23º

marzo 5

Sen silencio,

a mirada

fica en nada.

o meu tuis 22º

marzo 5

Non habería voz

sen silencio

e silencio sen mirada.

o meu tuis 21º

marzo 5

Miradas e silencios

fabrican

tódalas palabras.

o meu tuis 20º

marzo 5

Dicimos coa mirada

o que gardamos en silencio.

o meu tuis 19º

marzo 5

Dicimos co silencio

o que gardamos coa mirada.

o meu tuis 18º

marzo 5

Só a mirada

incomoda ó silencio,

supera o seu espacio,

ráchao.

o meu tuis 17º

marzo 5

O silencio,

coma un neno agachado,

guicha ó barullo

en silencio.

o meu tuis 16º

marzo 5

Non hai segredos

nin no silencio

nin para o silencio.

o meu tuis 15º

febrero 10

O silencio cala:::

xa o dixo todo

o meu tuis 14º

febrero 10

Agarda o silencio

por nós

no tobo

o meu tuis 13º

febrero 10

Palabras

imposibles

no silencio enxoito

o meu tuis 12º

febrero 10

Silencio,

esteiro

no que afogo

o meu tuis 11º

febrero 10

Silencio

e miradas

falan

o meu tuis 10º

febrero 10

Nada

silencio

Todo

o meu tuis 9º

febrero 10

Nada

o silencio

en Todo

o meu tuis 8º

febrero 10

Navega

o silencio

en tódalas augas

o meu tuis 7º

febrero 10

A vida

só no silencio

se entende

o meu tuis 6º

febrero 10

Amor e odio

no silencio

fermentan

O MEU TUIS 5º

enero 4

Do silencio vibrou

a palabra e o pensamento

O MEU TUIS 4º

enero 4

Só o silencio

revela

a impotencia

e o medo.

O MEU TUIS 3º

enero 4

Desacouga como a infinitude

o silencio.

O MEU TUIS 2º

enero 4

Só o silencio penetra

o cerne da existencia.

O MEU TUIS 1º

enero 4

Un Tuis é coma un “dron” de verbas que planea sobre as nosas testas, calquera momento é bo para que caia sobre elas.

Un exemplo:

O silencio di

o que non queremos que cale.