pasa o tempo e as ideas atopan resposta. unha carta do 98.
Neste estado no que vivimos parece que non chega con ser pacífico, senón que un ten que andar dando mostras de que o é, declaracións que non sempre chegan. Se non se fai, correse o risco de que as palabaras sexan mal interpretadas ou mesmo incriminadas nun proceso xudicial. Todo isto ven a conto de que para falar de terrorismo en xeral e da ETA en particular, compre deixar claro que un non pertence a organización terrorista algunha, nin apoia teoricamente ningún suposto violento. E, dito isto, imos ó conto que é o que interesa.
Chámame curiosamente a atención que, aparte de moitas outras cousas, para falar da democracia en Euskadi, os partidos constitucionalistas, que así se autodenominan non sei moi ben porque, como se os outros partidos legalmente constituidos non o fosen, digan que nese pais a coacción de ETA non faga posible que os cidadáns vaian as urnas con total libertade. Quizá teñan razón, non o sei, todo o mundo sabe que o medo é libre e a violencia, calquera tipo de violencia, fai que este se manifeste de moitos e moi variados xeitos. Teño que dicir que non creo nesta democracia formal, no voto cada catro anos, nas maiorias que son minorias nen nas minorias que son maiorias. Penso no dito popular “dos cans cos mesmos colares” e dame certa vergonza ver confirmada a chanza tódolos días en tódolos xornais. Pero máis coraxe me dá que me digan que ETA manipula, que o Plan Ibarreche separa e que nada de tocar á Constitución Española por tódolos ciudadáns votada. E dame coraxe porque ¿A caso cando se votou esta Constitución non estaba a inmensa ciudadania coaccionada polas armas do antigo réxime franquista? ¿Non eran os mesmos políticos dese rexime os que a confeccionaron e pediron, cando non obligaron, a que tal carta se aprobase?¿A que ven entón que a coacción de uns sexa un atentado contra a democracia e a imposición de un monarca e unha constitución sexa un exercicio de ciudadanía responsable? Eu teño hoxe trinta e oito anos e pódovos dicir que nin tansequera tiña idade para votar cando se aprobou. Supoño que coma min haberá, uns por medo e outros por idade, unha inmensa maioría que ten direito a poder dicir se ese pacto sigue lexitimamente en vixencia. ¿Que medo hai na política española en xeral e na dereita en particular a someter a referendum un contrato en igualdade de condicións para todos? Os feitos, no ser humano e na política, sempre gardan relación con algunha que outra intencionalidade, con certa ideoloxía se se quere. As palabras dos políticos morden na realidade e tratan de facer pasar por decente aquelo que non o é, endexamais o foi. Agachan as intencións de uns poucos por seguir mantendo o seu poder e privilexios, mentres ó cidadán se lle ofrece pan e circo, e continuamente se lle agasalla con máis miseria. A ficción sempre supera a realidade, na contra do que se pensa comúnmente, e o fai porque esta última é só unha suma de ficcións, de mentiras, que aínda que xa non enganan a ninguén neste occidente, sopórtanse como mal menor, como realidade virtual natural, corrente, pola imposibilidade material de fuxir dela. E isto mesmo é o que lles salva o cu ós políticos, o conformismo de clase media que todo o atura e soporta mentres non se perda o “status quo”, aínda que á nosa porta estean millóns de humanos esfameados a mendigar unhas faragulliñas da tarta.