O POTE
Todo pode ser destilado, mais todo o que se estila non é apto para o consumo humano. Digamos que hai cousas tóxicas, cousas que só escoitalas ou consumilas prodúcennos patoloxías de dificil curación. Ábrese a boca do político e unha tanda de tópicos impresionante alcanza os nosos oidos e amólanos o día. Falta ilusión, faltan ideas que xeneren en nós gañas de implicarnos na cousa pública. Proba: Meses sen goberno e o público nen o sente, é máis, ao público séntalle ben esa non presencia do corpo lexislativo e executivo. Porque agora que non hai política económica en aplicación, curiosamente a economia mellora. E a xente irá votar o 26J cun nó no bandullo, co peto máis lixeiro, pero no fondo cunhas ganas de rir e de berrar a todos os ventos: ¡que se jodan !