O Alambique
O alambique está furado, e como é ilegal , habera que estañalo en Portugal.
O alambique onde tiñamos que estilar algún tipo de goberno perde presión…e xa o diciamos, onde non hai gramática non pode haber comunicación, e onde non hai comunicación non pode haber acordo senón é de tipo sentimental. E os sentimentos son contrapostos… canción popular: “Goberna ti, goberna el, todos queren gobernare…cando gobernen os meus o viño non ha faltare ai lalala…” E xa estamos en campaña…e as imprentas de festa, seica os chineses xa queren entrar no negocio…por algo será. Mentras, o pobo di: Todos andan ao seu, menos eu que ando ao meu… e volverá gañar a abstención, e aos parados dalles a risa e a risga…que non lexislen máis, que se estean quietiños. Da medo dicir isto, logo xa sobran os políticos e veñen os sables, aínda que pra sablazos facenda.