O Bagazo
O bagazo está enxoito e a lúa non serve. Deixemos a estila e estilemos coas palabras.
Non se trata de ideoloxía. Trátase de linguaxe e pensamento. E digo eu: como se van entender os nosos políticos, se non saben falar? Bueno, digamos que pronuncian palabras, ïmoslle conceder iso. Máis as palabras sen unha gramática que as articule pouca cousa din. EHH Bueeno! Ya le digo! Talante! Austeridad! Democracia! España! Europa! Glovalización! Conciliación! e outros, outras, cousos, cousas.
A todo isto é reducida calquera ideoloxía ideoloxía…bueno a deles…palabras, e frases feitas que tamén funcionan igual, que enchen boca pero que sen gramática que as conecte non son máis que cantos de xacia. Porque o contido deses conceptos non se relaciona con nada senón consigo mesmo. Quen máis palabras pon na súa boca gaña e o pobo traga. Que máis dá o que queiran dicir con elas. Exemplo:
Presentador: Señor Rajoy, que lle diría vostede a Otegui?
Rajoy: Que lle pida perdón ás vitimas?
E aí queda,vaia orixinalidade…pero se xa o fixo!
A frase, “Que lle pida perdón ás vitimas” é un unha couso e cousa da que antes falabamos.