A VERDADE NON FAI SERVOS
Todo ocurriu nun lugar remoto. Xa non lembro ben nin como nin porque fomos parar alí. Eu levaba o meu plumífero preparado para o frio que por aquela época do ano facíase insoportable. A taberna estaba rexentada por un matrimonio de velliños seudofamosos na bisbarra porque un ano protagonizaran un anuncio televisivo para unha famosa marca de turrón de Xixona. Esta fama resultaba ser, segundo dicían, un bo reclamo. E así o testimoniaban un par de carteis cos seus rostos retocados e sorrintes, e nas mans unha pastilla do esplendoroso doce. Cando chegamos debían ser as doce do medio día, o reloxio da igrexa daba unha chea de badaladas que eu non me molestei en contar. “Serán as doce” pensei. Cris miraba a decoración, mentras eu arranxaba a comida coa señora. Estaba de sorte, non había nada de peixe, a non ser de lata. Acordamos as dúas como hora propicia para dar conta desa comida caseira de sobrada reputación.
– ¿Queres tomar algo de beber? – pregunteille a Cris, máis por cortesía que por gañas de ficar alí.
– Non. Ven ver isto – díxome sinalando os cadros publicitarios.
Non lle prestei atención e limiteime a insistir coa pregunta, ela fíxose a distraida e ignoroume totalmente. Ó non obter resposta dirixinme cara a porta e saín, non sen antes despedirme da velliña. Fora senteime nun tallo de madeira e deixeime acariñar polo sol que empezaba a dispersar a brétema rapidamente por aqueles rueiros de montaña. Surxindo coma unha aparición pantasmal apareceu, rodeado de matóns, una figura a que recoñecín inmediatamente. Era Rodolfo Ramos.
A Rodolfo Ramos coñecerao no colexio. Sempre fora un pelota nato, desa clase de tipos cun afán desmedido por servir a quen máis poder tiña. Nada do que se facia entre compañeiros o podía saber el, pois senón de contado haberiao saber toda a dirección do centro educativo. Eu ben lembraba que áinda lle debía do sétimo curso tres canicas que me fiara nun arrouto de bondade que a bon seguro, eu iso si que xa non o gardaba na miña memoria, había ter un interés agachado. Débeda que me fora relembrada enfermizamente cunha sonrisiña cínica ata ben entrados na universidade. A Rodolfo Ramos sentáralle ben ser ministro. Aquel aire de superioridade que sempre adoptara cos do seu nível social, non decaera co nombramento. Pola contra xa tiña argumentos e incluso razóns para pasarnos polos fuciños os que só chegaramos a ter un modesto bufete nunha rúa secundaria en calquera cidade. Pero a mín todas estas cousas dábanme igual. Prescindía del porque endexamais me metera en política. E eu coido que isto lle amolaba. Xa todos sabemos como ós homes de poder lles gosta facer favores e logo se certa cobralos.
– ¡Coño Bananas! – díxome o ministro chamandome por aquel vello alcume da xuventude.
– Hola Pelotas – contestei eu sen moito convencemento mentres un garda me miraba con gana de espetarme dúas hostias.
Eu con Cris aínda non tiña nada. Xamais nos deitaramos xuntos. Confeso que aquela viaxe non deixaba de ter para min un contido sexual máis ben que romántico. Ela estaba boa e ben que o sabía, eu era o seu patrón e aínda gardaba un certo aire de “play boy” que podía atraer ás mulleres. A verdade era que me daba igual. Eu só quería deitarme con ela sen importarme se eu lle gustaba a ela. Aquel encontro casual co ministro cheirábame mal. Cando me vira coa rapaza había de poñer un ar de condescendencia para logo venderme o seu silencio como se tal cousa. El ben coñecía a miña muller e sabía contar as cousas dun xeito especial, non en van era político. Habíalle dicir:
– Mira Elena, eu querote ben, tamén ó teu marido, pero non podo aturar a mentira e menos que che fagan dano.- Aquí faría unha pausa longa, estabao vendo-. Por iso debo dicirche que o outro día na montaña atopei o teu esposo nunha situación un tanto comprometida……
A saber o que este fillo da gran puta me ía pedir a cambio do seu silencio. Por un intre estiven a piques de botar a correr, e deixar a Cris alí tirada, pero como é lóxico non o fixen. Se hai algo que odio é comportarme como un histérico cando vento algún mal agoiro. Así cando el me preguntou que que facía por alí eu con naturalidade lle contestei:
-¡Xa ves! Cunha empregada que está boísima e que aínda por riba lle dá igual que estea casado.
O ministro miroume coma se eu estivese bromeando e dándome unha palmada nas costas díxome:
-Ti sempre coas túas bromas.- e con aire de autosuficiencia, espetoume- Xa mo contarás outro día que hoxe levo moita presa, que quedei a xantar na montaña cuns paisanos de importancia.
No momento de botar a camiñar, pechado polas súas escoltas, saiu a Cris da taberna facéndose a distraida. Estaba máis guapa que nunca co seu pelo revolto e aqueles pantalóns axustados. Contar a verdade librárame de ser collido infraganti, quizás tal cousa foi a que me deu pulos para ser sinceiro con ela. Apreteina contra min e bicándoa na orella faleille así:
-Estás como un tren e teño unhas gañas tolas por te facer o amor.
Ela separou un pouco a testa para poderme ver os meus ollos e coa súa cara de pícara bicoume na punta do nariz decíndome deseguida:
-Crin que non mo ías propoñer nunca.