A TAPA
-Dame un bico con lingua- soia dicirlle con impaciencia, coma se estivera ansiosa de catar a humidade fresca e suave da súa boca.
-Non teñas presa – contestaba el pausadamente, queréndolle dar ó feito unha cirimonia ortodoxa- deixa que me lave as mans e me peitee, estou moi feo.
-Non sexas parvo, a min góstasme como estás- e mirabao con desexo, palpandolle o cú mentres se retiraba ó aseo, seguindoo ata porse diante do espello.
-Estoume facendo vello. Mira que chea de enrugas me sairon ó redor dos ollos. ¿De veras sígote atraendo?- marmuraba tristeiramente mentres, comtemplándose, tusaba o bigode con paciencia- Isto xa non é o que era.- ¿Lembras cando o facíamos a todas horas?
-Podemos facelo agora, a min apetéceme- Laricaba ela como se chorara.
-Pero estou feísimo- insistia el.
-Xa che dixen que a min éme igual.
-¿Ves? Estas recoñecendo que estou feo- recalcaba el con tristeza.
-Non dixen iso- desculpábase ela cansinamente.
-Si que o dixeches, xa non che gusto, recoñeceo, calquera día me deixas por un deses pelandruscos que hai na túa oficina.- parecía que lle ían caer as bagoas porque os ollos cintileban coma un mar de estrelas.
-Veña, home, non te me poñas así, parece mentira que penses a estas alturas en estas cousas. ¿Non confias en min?
E a muller quedou coa palabra na boca mentres o home fuxía cara a soedade do cuarto escuro. Xa non tiña gañas de peitearse, nen de recortar o bigode, nin de barbearse aqueles pelos da cara que tanto a mancaban.
-Deixame en paz- berroulle dende a cama- Só me queres para iso, non che importo nada, e ademais xa me fixeches doer a testa.