O GORDO E O FRACO
Todos, o chegar a unha idade, volvemos a vista atrás. Preguntámos milleiros de cousas: Que foi daquela rapaza que asexabamos sen que nos vira, que foi daquel amigo inseparable de copas e chapes, que pasou con aquelas interminables peroratas do profesor de turno(xa sei que é quenda), daquel tempo no que as primaveras eran primaveras e os veráns veráns, enfín, preguntas nostálxicas, e ó cabo, retóricas e tópicas.
E ven a conto isto de que, ollando os xornais, pregunteime o outro día: ¿que foi daqueles políticos carismáticos, rexos e duros de antano? ¿ que ten que ver Blair coa Thacher, ou Merkel con Kohll ou Zapatero con Felipe?
Lembrando aquela prensa dos ochenta, aqueles acontecementos históricos, aquela solemnidade transcendal de todo o acontecer político, remexín na memoria co afán de atopar unha imaxe que poidera ser a sintese desas comparacións irresistibles: Vin caer o muro diante dos meus ollos vidrosos nunha tarde de resaca, vin firmar o tratado de adesión á Unión Europea na barra dun bar tomando unha caña, e pasou pola miña mente a visión dos negros de Suráfrica saíndo á rúa mentres Mandela falaba polo televisor cun soriso prominente. Ese día non bebera ¿ou si?
Pero, entre as imaxes que saían, volvía unha e outra vez unha que aparentemente nada tiña que ver con todas estas inquedanzas: A estampa do Gordo e o Fraco.
Aqueles dous actores non tiñan nada que ver nen tansequera coa cronoloxía da miña pretendida retrospectiva. Entón, porque se repetía a súa presenza cando eu buscaba recordos daqueles anos.
Eu non son psicólogo, pero ás veces pásame coa psicoloxía coma coas meigas, non creo nelas pero habelas hainas. Así que da fase retrospectiva pasei a unha introspectiva que me levou a esencia metafísica do “quefacer” político.
Logo caín na conta. O problema dos políticos é precisamente iso: “que facer” co seu tempo para manexalo noso, sen que por outra banda o poder económico se sinta manipulado el tamén. E a imaxe do Gordo e o Flaco non é máis que a imaxe dos nosos políticos de hoxe. Se antes eran xente a que considerábamos fillos de Puta, pero os nosos fillos de Puta, ó cabo, parafraseando a non sei que presidente americano do norte, hoxe son tontos utiles nas mans dun capital crecido en poder e tan absurdo coma os diálogos dos dous humoristas.
Neste tempo que vivimos, xa non poden existir políticos coma os de antes, porque agora, pese ou gracias ao consumismo das masas, que non sei que son pero están, a xente xa non fai caso deles. Porque, coma o Gordo e o Fraco, de tanto velos e oilos, chegaron a cansar.
É máis, nunca ninguén fixo tanto para que tanta xente sexa libertaria. Pena de que a maioría nen se decate delo sequera.