December 3

SER HUMANO

 

 

 

Nós os galegos foramos os defensores da idea que outros visionarios xa predicaran: “É o verbo o  que fai a carne”, e aceptámolo. “É a carne a que fai o verbo”,  agregamos. Nós miramos para o pensamento e fixémolo verbo e carne.

Fundamentamos a idea na idea da carne, e a materia na carne da idea. O pensamento é a física . O home é a natureza. A màquina é o cosmos

Fomos os portadores da verdade incuestionable que é a supervivencia, motor da realidade. Buscamos crear un espacio; e demostramos como se crea. A idea era crear unha estrela, unha estrela idéntica  á que estamos a piques de extinguir hoxe, vendo como as modas nos arrastran á supervivencia inxenua do baleiro, e desaparecen perdidas na unidade eterna.

Non dar vida, desaparecer nela e acaparala por uns instantes máxicos pero incomunicables; o eterno monólogo da soidade escura.

Fomos, nós, condenados polo resto da humanidade a seguir sendo eternamente humanos.