January 17

Ao final son eu

o que amarra a pluma.

Nun arrinque de furia

espétoa ata que amansa o xenio,

ata que a idea que sempre perseguimos

segue a alumarnos.

Paciencia

e vocabulario.

Paciencia

e gramática da vida.

Cadea incondicional

e sen fianza

na roda que nos traspasa,

e libros e faltas continuas.

Todo comeza outra vez

despois de…