AO NOSO TIGRE.
January
2
Non quero ver a mortalla
que te amortalle,
ti quixeras que fora de viño,
pero non será.
Nin o caixón
será a cuba que tanto arelabamos.
Quero lembrarte vivo
coa forza que nos dabas
a cambio de nada.
Quero lembrarte soñando camiños,
ceibando gargalladas a cachón
erguendo a moral da basca
enchendo o baleiro dun silencio.
Pero por moito que insistas
non marcharás de eiquí,
da túa casa aberta para nós,
a todas horas, sempre.
Ao Mario,
Ao noso Tigre.