diciembre 17

Se foramos consciente

ollaríamos florecer

en todas as primaveras.

Se foramos consciente

o ouvear do ser sería aviso e blasón

pra todas as pelexas.

Se foramos consciente

os bicos que soportan as meixelas

serían lume e forza das nosas entrañas.

Se foramos consciente

o que non nos din

sería patrimonio doutras esperanzas.

Se foramos consciente

este arrecendo, esquecido e fuxidío,

volvería ser solpor e arreo constante.