noviembre 17

Que máis dá

que a man faga

o que a alma non quere.

Só é a carne

a que move o mundo.

O futuro será material

sen selo nunca,

e a razón boura nas verzas

ao tempo que o unto

nuns poucos persiste.

Todo foi un conto

contado na taberna

ou a carón dun lume.

O espirito resiste,

mais só é real

nas verbas que compoñemos,

freba de ondas e de signos,

carne de compromiso,

carne de persuasión,

lixeiro e lene

subsistir de toda entelequia.

Que máis dá

que a man faga

se o seu sino é podrecer eternamente

como eterna é a alma na súa arela.