October 22

O espirito dixo:

Se tivera que deixar

o seu colo,

nostálxico da quentura

da enerxía que me levou,

volvería ser ceibe

no intre do abandono.

A razón contestou:

Sinxela elucubración

despois de poñer o ovo.

lóxica de supervivencia

ou de consumo existencial.

A carne, atenta, retrucou;

só quen non ten niño

pode ser ceibe,

a saudade pode co sedentario,

a morriña co nómada.

A vida sentenciou:

Toca, toca outra vez,

e deixádevos de lerias!