septiembre 27

Caeu a flor dos beizos;

abandoados polas verbas

medrou neles edra marañenta

de algoritmos e funcións

que manexamos a eito.

Di: onde está a verdade?

dime? onde se atopa

a metafísica secuestrada?

onde foi a exaltación da vida

pola vida?

por qué migrou a palabra

da lingua aos nosos ollos?

A verdade! A verdade!

ceros e uns.

Non hai máis cousa?