January 28

¿Que carallo querería dicir o tipo aquel co da mosca dentro da botella? As gafas deixaban ver os seus ollos pequenos de reprimido pensador, era mestre de instituto e debía crerse pouco menos que Hegel. A mosca na botella. A mosca na botella era el, revoloteando ó redor do vidro, intentando vivir no mundo e baendo sempre coa súa propia face, coa súa cara de moucho reprimido, si reprimido, non me cansarei de chamarllo, reprimido no seu pensamento superior e cunha linguaxe privada que non o deixaba comunicarse cos demais. O seu talante non era Kafquiano senón esperpéntico, digno persoaxe chepudo dunha novela de Valle-Inclán. E miraba para min, o moi cabrón, cun riptus de paternalismo que me chamaba inbécil, incapacitado, minusválido de pensamento. E eu imaxinábame collendoo pola gorxa, apretandolle a noz  con pracer. ¿De que me serviu falar e falar, tremar, odiar, sentirme empequenecido, humillado diante de aquel insecto repulsivo?. Quixerao ver eu a el na miña situación, co corazón latindo a mil, suándome as mas e  as sens, trabándoseme a lingua no padal e o pensamento buscando a memoria que coma sempre fuxe cando hai compromiso. Quixerao ver eu ganduxando un discurso comprensible e aceptable sen  crebárselle a voz, sen pestañexar sequera. Imbécil, acaso non era humano aquel ser que sorindo esfaragullaba o meu esforzo. Se cadra pensaba que eu non miraba como pracenteiramente desfrutaba da miña ridiculez, pero el non sabía que eu sabía del o que só a súa esposa sabía, que cando chegaba polas noites á casa fracasaba unha e outra vez nos seus deberes conxugais e  chorando pechábase no baño para masturbarse sen piedade e logo soñaba con ser un grande filósofo, o artífice do sistema que habería de revolucionalo pensamento. A eterna pregunta era sempre a mesma: ¿Como ía el pensar nada orixinal se ó único que podía facer era repetir coma un papagaio o discurso doutros autores? Porque el dominaba a historia do pensamento, aquilo que a tradición lle insinara, pero a súa autonomía no pensar só se proxectaba na man direita para machacar un  membro rugoso e flácido.