enero 21

 

-Dame un bico con lingua- soia dicirlle con impaciencia, coma se estivera ansiosa de catar a humidade fresca e suave da súa boca.

            -Non teñas presa – contestaba el  pausadamente, queréndolle dar ó feito unha cirimonia ortodoxa- deixa que me lave as mans e me peitee, estou moi feo.

            -Non sexas parvo, a min góstasme como estás- e mirabao con desexo, palpandolle o cú mentres se retiraba ó aseo, seguindoo ata porse diante do espello.

            -Estoume facendo vello. Mira que chea de enrugas me sairon ó redor dos ollos. ¿De veras sígote atraendo?- marmuraba tristeiramente mentres, comtemplándose, tusaba o bigode con paciencia- Isto xa non é o que era.- ¿Lembras cando o facíamos a todas horas?

            -Podemos facelo agora, a min apetéceme- Laricaba ela como se chorara.

            -Pero estou feísimo- insistia el.

                -Xa che dixen que a min éme igual.

            -¿Ves? Estas recoñecendo que estou  feo- recalcaba el con tristeza.

            -Non dixen iso- desculpábase ela  cansinamente.

            -Si que o dixeches, xa non che gusto, recoñeceo, calquera día me deixas por un deses pelandruscos que hai na túa oficina.- parecía que lle ían caer as bagoas porque os ollos cintileban coma un mar de estrelas.

            -Veña, home, non te me poñas así, parece mentira que penses a estas alturas en estas cousas. ¿Non confias en min?

            E a muller quedou coa palabra na boca mentres o home fuxía cara a soedade do cuarto escuro. Xa non tiña gañas de peitearse, nen de recortar o bigode, nin de barbearse aqueles pelos da cara que tanto a mancaban.

            -Deixame en paz- berroulle dende a cama- Só me queres para iso, non che importo nada, e ademais xa me fixeches doer a testa.