November 26

A tarde caeu silandeira mentres o Luis apuraba outra caña mais.

-Estou morto de sede -dixera derramando unha pouca escuma  na súa barba graxenta.

Mentres falaba, pouco a pouco íase xuntando ó redor del unha chea de ointes cautivados polo seu discurso meloso. Enredaba e enredaba en prolegómenos e circunloquios sen lle dar entrada ó tema que xa bislumbraban os siareiros do Apolo; quiza fora de sexo a cousa, pensaban uns, quiza de violencía, outros, e outros, os máis distraidos, simplemente agaraban o gran conto, a grande nova que xa case que asomaba  nas verba do Luis.

-Vai o gran dunha puta vez -por fín dixo o Agra, impacente coma un noivo na espera da amada.

Con parsimonia o Luis pediu outra cervexa, logo de lla servir e meterlle un bó grolo, fixo unha pausa  solemne. De seguido falou e narrou todo o conto.

-E para ese conto de merda tanta ceremonia- dixo un de Monforte con cara de escéptico infirmizo.

-Tocate os collons co tipo este- foi o dicir do de Forcados mentres daba media volta decepcionado , dispersando ó grupo .

Só se escoitou a subida de volume que lle meteu o Paco á música e o: “Pois foi así, sen mais” do Luis, pondo cara de inocente inantes de beber o derradeiro trago do vaso que o pousalo bailou na cima do mostrador.