O DESCOBREMENTO
Debía chover moito pois o Lolo chegara ó bar mollado coma un pito. O cigarro apagáraselle na boca e el facia vans esforzos por reanimalo, ata que, canso, decidiu cuspilo, e filxoo con tal brio que foi petar na cara do Randín, mozo forte e fanfurrileiro que gostaba de darse a valer máis ca ninguén. Ó Lolo endexamais lle deran medo as brabucadas do tal Randín, pero nembargantes lle tiña un grande respeto que non sabía moi ben de onde lle viña.
-¡Ostia perdoa!Non sei moi ben como fixen -apresurouse a se disculpar o agresor- foi sen querer, se conoce que non controlei a forza e escapóuseme.
-¡Testa cadrada , pitapodre! -de moi malos modos contestou o agredido-Voute meter catro lampreazos que non te vai recoñecer nen a puta nai que te pariu.
O Lolo baixou a testa e como lle pasaba a miudo non soubo que contestar. Cando se vía ameazado por calquera sempre se lle bloqueaba a lingua e por máis que o intentara non daba atinado coas palabras, e un sentimento de culpa atoáballe o corpo sendo capaz de aturar calquer aldraxe por moito que este se extendera no tempo. Poidera ser que fora un trauma da infancia, cando lle puxeran o alcume de Testa cadrada, cando a dona Inés lle petaba cos seus cotobelos na cachola inpotente de ver a negadez do alumno fronte unha división de tres cifras. Poidera ser que fora de aquela cando por primeira vez se sentira diferente dos demais que falaban de aquel xeito mixiriqueiro, cheo de verbas estrañas ás que el coñecia. Pouco a pouco afixérase a estas cousas, pero a pesadez que lle entrara no corpo aínda seguia canda el.
E alí seguia o Randín co puño ameazante diante dos seu ollos, a barullar facéndolle ver ca sua testa, e volta ca testa, non servia para outra cousa que levar labazadas ou para mollarse cando chovia. O Randín, roxo de ira, buscaba a aprobación nos demais siareiros que pronto viron ca cousa non pasaba a maiores e foron mudando o seu rosto que de serioso e frio pasou a apontar algún soriso de bulra. O Randín, moi influenciable, deixouse levar pola actitude de todos para seguir a meterse ca cachola do Lolo pero xa dun xeito de mofa máis que de agresión, e sen parar sentouse na mesa onde xugaba as cartas:
-Mirade se terá dura a testa que endexamais pasou da tabla do un -dicía con sorna mentres o Lolo se lle achegou dun modo raro ó que era axeitado nel.
-¿Queres que che diga a tabla do un?Un por un…UN- e cando dixo”UN” deixoulle caer un testarazo na tempa que guindou co Randín ó chan coma se estivera morto.
Ninguén se moveu .Unha pausa silandeira percorreu o ar sen atopar un disturbio, o Lolo arrimouse á porta facendo ademan de se marchar e mentres botaba man para abrila dixo dirixíndose a todo o mundo:
-Gracias o Randín xa sei para que serve a miña testa.
E virándose deu as costas á xente desaparecendo coa maior naturalidade do mundo. Endexamais ninguén lle voltou chamar Testacadrada, agora lle chaman o TESTAASESIÑA.