QUE É O TUTE?
Eran dos que se poñian nas barras para beber. Os seus grandes bandullos confirmábano. Levaran ou non aneles non había que ser moi listo para saber que eran todos casados. Os fins de semana esperábanse no bar e buscábanse cos ollos os uns ós outros ata que facendo roda montaban a partida, sendo en demasia amables ca xente que casulmente miraba.
-¡Este é idiota!Tiñas que arrastrar cabrón.
-¡Vai a merda!¿como ía arrastrar se este cantaba vinte.Eh!
-Nin puta idea…non tedes nin puta idea…Ja,ja ,ja.
-¿sabedes que me pasou o outro día? Copas.
-¿que? ¡Merda,ahí vai ! É o segundo tres que me come.
-Pois que ía co neno a escola e cadramos ca súa profesora polo camiño.
-¿E qué? Arrastro.
-¡Ah!Xa non levo.Pois que a tia está coma un tren: Xoven,delgadiña e …¡Ai miña nai!cunhas tetas que rompen. Estiven a falar un anaco con ela do cativo e case que non daba dito palabra. Eu dicíalle a todo que si, mais a verdade é que non me enteiraba de nada do que ela falaba.
-Xa me imaxino a este apapaostiado sen sacarlle o ollo a esas que todos sabemos.¡Veña,volvo a arrastrar,e as e rei de ouros firmes.Todo para nos!
-¡Non fodas, asi calquera!Tanto falar de tias e tetas que non me fosco de nada.
-¡Veña ,veña! Non chores, que sempre fas o mesmo.
-O que non chora non mama.¡Ja,ja,ja!
-¡Contos!Das ti.
Se algo lles gostaba era iso. As cartas, un bon viño, e falar de mulleres. Agora,iso si, as deles eran intocables.No moi fondo non sei se non serian uns maricons, no mal setido da palabra que ó meu pesar se lle dá moitas veces.