October 22

 Cando daban as dez da noite viu mover o seu cú desafiante, de lado a lado  cunha suavidade que endexamais  ollara.  Non se atreveu a pasala  e foina seguindo un bon cacho. Só deus sabia para onde o levaba  aquela  visión. Ela, decatandose de todo,de cando en vez miraba para atras por riba do ombreiro e, desafiante, sorría. El viuse conquistado. Sen comprender o que facía seguiu aquel corpo marabilloso que insistía en invitalo a poseelo, seguía aqueles ollos mouros enfeitizadores que alentaban a seren bicados.

Xa perdera a conta de en que ponto da cidade se atopaba, el só sabía daquel corpo e nel, eses ollos, ese sorriso de invitación. E cando menos o esperaba, ensimesmado coma ía , ela parou e volvendose cara el díxolle:

-Eu vivo aquí.¿Non che gostaria de ter todo isto para tí? No piso está o meu marido, pero quizas no ascensor parado entre duas prantas…¿Que me dis?

E  non poido dicir cousa, só baixou os ollos e asentiu ca testa. Nese momento, coma un lóstrego, pasou o pensamento da súa muller pola testa, pero non foi quen de alonxar aquel desexo, máis forte ca súa conciencía. Aquela muller era diabólicamente fermosa , e a súa presencia turraba del na procura de abrazala, de bicala, de poseela. Tentouno alí mesmo, xa no portal, e ela fuxiu xogando, soltouse dos seus brazos e susurrou:”No ascensor millor tontiño,ben”.

A porta do ascensor pechouse e principiou a moverse, logo ela no entresolo accionou o stop e mudou  o seu rosto que se fixo frio e cortante.

-¡A que esperas imbécil! -espetou sen berrar pero con moita forza.

Abrazouna, bicouna todo o millor que sabía  recorréndolle cos seus beizos o rosto, os ollos, a fronte, as meixelas,o nariz e por fin a boca, nese momento sentiu a súa lingua quente e humida penetrar ata o máis recondito da súa gorxa volvendoo tolo. Sentiu como a súa man lle abría a bragueta e buscaba o seu pene entre os calzóns para logo frotarllo, mentras coa outra abría a blusa bruscamente e rachando o sostén entregáballe as tetas que el non poido rexeitar, laméunas mentres ela xemia e xemia balbucindo verbas que endexamais escoitara:”quero que ma metas toda, toda ata dentro”. Remangoulle a salla e baixoulle as bragas e ela entregaba xa o seu sexo chorreante á sua boca. Alzouse adispacio rozando toda a entreperna contra o corpo dela ata atopar o que buscaba, e introdúxollo todo facendo movimentos rápidos, arriba e abaixo, arriba e abaixo. Que pracer , cria estar soñando. De súpeto un ouveo del confundíuse con outro dela indicando que xa chegaban onde tiñan que chegar. Deseguido e inesperadamente soou a alarma do ascensor e ela empezou a pedir auxilio. Intentou calala tapandolle a boca ó que ela respostou cunha dentellada de coidado, de forza e de rabia, mentras seguia a berrar e pulsar o timbre do ascensor que de golpe se puxo en marcha.

Non queria crer o que lle estaba a pasar. Cando parou o ascensor abriuse a porta e dous homes e unha muller agarrarono polo pescozo, inmovil, desmaiado, el non opuña resistencia:

-Outro violador que cae -oiu a un dos homes.

Non poido dicir ren  paralizado como estaba , estarricado no chan do portal só  mirou unha vez máis para a muller que choraba , e o único que poido confirmar nos seus ollos mouros, embadurnados e mollados foi o centileo dunha luz  mistura de pracer e de odio.