octubre 15

Vou a conxurar sen necios. Sen soños, nen feitos retorcidos. Durme,durme,cala, cala.Vou a conxurar o feitezo da eternidade, o sempre baleiro, o mais simple ou perfecto.Vou buscar na máxia o que non atopo no saber sensible, nesa desaparecida realidade que sempre forxa, este, o meu espirito, o pensamento de cantos nela se refuxan .Vivo xamais no papel me atopo. Sempre é de morte a miña historia. Aquí, co conxuro ás portas da miña boca, neste instante máxico de preparación, cando co rito se purifica esa nada cósmica que aprezo, neste algo deste momento, catro liñas brancas que me limitan separanme dese ar profano de fora. No intre que o rito comenza o meu conxuro vaime probando coas miñas verbas, vai ceibando esa única intuición que endexamais se presenta soa. Ese saber simple e absoluto do silencio só interrompido polas verbas que me escoito, que non digo decindo, que traballan o meu cerebro vicioso da corrupción material da realidade enganosa  pringada de historia, de contos absurdos.

O meu conxuro cura nese infinito espacio que agora só  eu  poseo, mentres o rito  desenvólvese fora de min , por min , e para min.

Sobre a mesa relaxado descanso, noto unha febre lene nos meus beizos, un retorno da frialdade do desasosego que supón non ser capaz de perturbarme, inquedarme ou sofrir por cousa ningunha.

                     O rito supón voltar, o rito sen volta é a liberdade, o rito sen historia nen futuro é máxia, con elas duas é opresión, limitación, sofrimento, vicio maior do pensamento ensanguentado de inxustizas.

    ¿Quen quere ritos?¿Ou outra  cousa son os vicios?¿Ou todo son mitos? Parece que todo ten que ver. Digamos que a  analoxía é apricable a todo canto me rodea.¡Va! Palabras, todo se volven palabras, só verbas que surxen na comparación, no contraste, no asomo dese algo á linguaxe, á recopilación, á tonteria, ó desenfreno, ó amor, en fin á realidade mesma fora e dentro do mitoritovicio. ¿Que carallo de luz ou tembras?¿Que merda de negatif-positif?¿Que significa a construcción?¿Que significa H2O?¿Que forma teñen os átomos?¿Como se desenvolve o sistema capitalista?¿Como carallo me chamo, como quero ou como me puxo o cura?¿Que sei eu?¿Que sabedes vós?¿Realmente sabemos ou imaxinamos saber que sabemos?¿Temos, nesto último, fé, crenza, ou constancia?¿O home é algo?¿A auga é algo? Si, deciamos que H2O.¿Como?¿Acaso falo so,acaso hai eco?…Mais..¿onde?.

    Todo se tornan perguntas, pero iso non nos chega e sen decatarnos imos reducindo todo a  espricacións de estructuras sinxelas, simples, doadas de pensar, de representar e para as que non necesitamos nin demasiado espacio nin moito tempo.